Todavía permanece abierta la convocatoria dirigida a grupos de la provincia para participar en la sexta edición del concurso promovido desde la Deputación de A Coruña.
De todos los grupos participantes se seleccionarán cinco finalistas que actuarán en directo en la sala O Túnel - Coliseo de A Coruña en fecha aún por anunciar.
Además de percibir trescientos euros para sufragar los gastos de desplazamiento, cada grupo finalista optará a los siguientes premios: primer clasificado, 3.000 euros, segundo y tercer clasificado, 1.500 euros, cuarto y quinto clasificado, 1.000 euros.
En la edición 2013 los grupos premiados fueron Familia Caamagno (1º clasificado), Anima (2º clasificado), La Senda de Afra (3º clasificado), Doctor Snob (4º clasificado) y El Viejo Caracol (5º clasificado)
Consulta las bases que aparecen a continuación
BASES
Primeira.-
Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
Segunda.-
Establécense os seguintes premios:
1º clasificado 3.000 €
2º e 3º clasificado 1.500 €
4º e 5º clasificado 1.000 €
Estas cantidades están suxeitas ás retencións legais que lles sexan aplicables.
Terceira.-
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que poderá obterse na web: www.dicoruna.es ou no Rexistro Xeral da Deputación.
Achegada ao impreso enviarase a seguinte documentación:
* Relación de compoñentes do grupo e instrumentos.
* Certificacións de empadroamento en calquera concello da provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo.
* Descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario.
* Breve biografía do grupo.
* Dossier fotográfico e de prensa
* CD ou traballo discográfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo; se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo.
O material estará correctamente identificado cos datos do grupo.
Cuarta.-
O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 15 de maio de 2014.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Quinta.-
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación, e formarán parte del a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade, e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música de rock.
O xurado será nomeado polo presidente da Deputación, e actuará como secretario o da corporación ou o funcionario no que delegue.
A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
Sexta.-
O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado non poderá declarar deserto o concurso e presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para resolvelo.
A decisión do xurado terá lugar no segundo semestre de 2014 e será dada a coñecer no taboleiro e na páxina web da Deputación, e a través dos distintos medios de comunicación.
Sétima.-
7.1.- Preselección
O xurado realizará unha primeira selección de cinco grupos despois da audición dos CD recibidos.
Os grupos que resulten preseleccionados accederán á fase de actuación en directo.
7.2.- Concerto
A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos, nos que interpretarán temas do CD presentado.
A organización do concurso facilitaralles aos grupos que accedan á fase de concerto en directo, equipo de son, escenario e equipo de iluminación; tamén fixará os horarios das probas de son e da actuación de cada un dos grupos.
Os grupos que participen nesta fase recibirán a cantidade de 300 €, cada un deles, en concepto de indemnización por gastos de desprazamento.
O xurado logo da actuación en directo dos grupos seleccionados presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para conceder os premios.
Oitava.-
Non se devolverán os CD non premiados que, a partir do día seguinte á decisión do xurado, serán destruídos.
Novena.-
A participación na presente convocatoria supón a total aceptación destas bases, así como a autorización á Deputación da Coruña para difundir, por un período máximo de seis meses e por calquera canle, os temas orixinais incluídos nos CD presentados polos grupos gañadores.
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.