“Hai que ir cos tempos” (Lixo Urbano, 2014) e o nome do novo traballo feito polo grupo de Sigüeiro (A Coruña) onde, do mesmo xeito que nas suas anteriores grabacións, abondan ritmos cheos de vitalidade e retrouxos extra-adherentes que fan da sua proposta unha das máis excitantes e divertidas que pódense atopar a día de hoxe enriba dun escenario, emparentada coas de outras bandas como Las Aspiradoras, Los Guajes, Wau y los Arrrghs!!!, ou os mesmos Yakuzas cos que comparten o concerto de hoxe na sala Capitol.
As seis cancións que conforman o disco foron grabadas nos estudios Circo Perroti de Xixón xunto a Jorge “Explosion” quen fixo unha espléndida labor dándolle pulo a istas seis pezas, cinco orixinais e unha versión do “Poison Ivy” de Leiber & Stoller, que contan historias inspiradas no cine serie B, persoaxes de comic, e outras lerias fundamentais se falamos de Rock and Roll.
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.