O Sonoro Maxín presentes no Mercat da Música Viva
Noticias / Galicia

O Sonoro Maxín presentes no Mercat da Música Viva

Redacción — 15-09-2014
Fotografía — Archivo

A banda ourensán actuará na Plaça da Catedral de Vic o 19 de setembro

O Sonoro Maxín achégase a Catalunya pra participar na vixésimo sexta edición desta notoria feira musical, e mostrar en directo a pegada da súa música mestiza baseada nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato, que ben reflexan as cancións incluidas no seu disco “A onda sonora (chega do interior)" producido por Kaki Arkarazo.

O concerto terá lugar no escenario Atlantic Connections, adicado a diversidade cultural da Península e as conexións con Latinoamérica., ao que tamén chegarán Oreka Tx dende Euskadi e Primitive Reason dende Portugal. Ista actuación culmina unha excelente tempada de grandes concertos para O Sonoro Maxín e proxecta a banda a unha nova dimensión, o mercado europeo.

Lo siento, debes estar para publicar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.